O MAIS DESTACADO

Festa da vendima

Aula de Verán 2023

Etapa Camiño de Inverno polo Saviñao

Ruta de sendeirismo

Mes das bibliotecas

7 de Outubro de 2021

Estas son as actividades que realizaremos na biblioteca para celebrar o Día das Bibliotecas 2021:

8 de outubro

Sesión cos autores Dani Viéitez e Iria Iglesias

-Álex quere ser coma papá: contacontos contra os estereotipos e a desigualdade. Ás veces a Álex dinlle que non son axeitadas as cousas que fai. A través de Alex debatemos c@s cativ@s, exemplificando distintas situacións que loitan contra os estereotipos.

15 de outubro

Obradoiro con Hermanager Procucións

–Deixa o móbil e debuxa: obradoiro de iniciación sobre ilustración e banda deseñada. Faremos debuxos, algunhas viñetas e/ou tiras cómicas en común e para remataremos facendo cadaquén a súa.

22 de outubro

Obradoiro coa escritora Andrea Barreira

–Terroríficas, historias de terror: obradoiro de achega á literatura de terror a diversos públicos a través da lectura e da escritura. O obradoiro consta de dúas partes que combinan teoría e práctica: un repaso de distintas escritoras, do pasado ao presente, que traballaron o xénero do terror e a escritura dun relato de terror poñendo en práctica o visto no punto anterior.

Todas estas actividades enmárcanse no programa de animación Ler conta moito.

Tal vez lle interese ler…

Skip to content