O concello do Saviñao modifica o seu plan para a cabalgata de Reis debido á situación sanitaria e ás novas recomendacións da Xunta. Ás 16:30 h. a carroza dos Reis Magos chegará a Currelos e recibirá aos nenos e nenas no exterior para minimizar os riscos de contaxio da Covid- 19.
Ás 18:30 as súas Maxestades de Oriente atenderán as peticións dos nenos e nenas na carpa da Praza España en Escairón.
É obrigatorio o uso da máscara en todo momento.