O MAIS DESTACADO

Festas da Vendima

Aula de verán 2023

Etapa Camiño de Inverno polo Saviñao

Ruta de sendeirismo

CONCELLO DO SAVIÑAO

O concello do Saviñao está situado na Ribeira Sacra, dentro da comarca Terra de Lemos, situada no sur da provincia de Lugo, limita cos concellos de: ao norte con Paradela e Taboada, ao sur con Pantón, ao leste con Pantón, Monforte de Lemos e Bóveda e ao oeste con Taboada e Chantada. A altitude media está a 600 metros sobre o nivel do mar, os ríos Miño, Sardiñeira, Saviñao, Pez, Barrantes e Portiño atravesan as súas terras.

Inclúe 29 parroquias, a súa capital, Escairón, con aproximadamente mil habitantes, o segundo núcleo de poboación é Currelos, que en realidade é a cabeceira da zona norte do municipio. A promoción do turismo rural e cultural nesta zona é un impulso para ela. A economía do Concello é fundamentalmente agrícola, tamén ten industrias lácteas, vitivinícolas, da construción, etc. No aspecto comercial destacan as feiras que se celebran mensualmente, en Escairón os días 8 e 19, en Currelos o 26.

Skip to content