O MAIS DESTACADO

Festas da Vendima

Aula de verán 2024

Etapa Camiño de Inverno polo Saviñao

Ruta de sendeirismo

SAUDO DO ALCALDE

Querido visitante.

Como Alcalde do Concello do Saviñao compráceme darvos a benvida a esta viaxe virtual polo noso municipio.

Este portal pretende ser unha xanela ao mundo onde mostrar non só a actividade cotiá das veciños e veciñas do Saviñao, senón tamén un servizo ao cidadán onde xestionar asuntos relacionados co Concello, mostrar as nosas riquezas como pobo e os encantos dunha contorna da Ribeira Sacra e dunhas xentes que merece a pena coñecer.

Ven e acertarás.

O Saviñao caracterízase por ser un municipio sinxelo, pero á vez precioso. Un municipio onde poderás gozar dunha natureza única, uns espazos cómodos, unhas feiras e festas sorprendentes,   unha   gastronomía   rica   en   todos   os   sentidos,   e  un  ambiente   san   e confortable.

Dende aquí, desde este espazo web, estaremos ao día do que ocorre no noso pobo, así mesmo poderás xestionar documentación oficial municipal,distintas xestións e trámites on line, ofertas de emprego público, facer suxerencias,solicitar información, reclamacións, etc. Facilitar, en suma, a vida do cidadán e poñer todos os recursos tecnolóxicos ao alcance dun só clic.

Todos cantos utilicedes este servizo, sede benvidos.

Grazas de todo corazón. Un abrazo.

Juan Carlos Armesto Quiroga

Alcalde de O Saviñao

Ir o contido