DESCOBRE O SAVIÑAO

RIBEIRA SACRA
As ribeiras do río Miño ao seu paso pola Ribeira Sacra ofrecen unha paisaxe tranquila de bosques caducifolios alternados con pequenas e numerosas extensións de viñedo. O río tamén forma numerosas curvas, nas que a terra entra creando meandros característicos.

CATAMARÁN DE BELESAR
Descubre a maravillosa paisaxe da zona a bordo dos catamaráns que parten dende Pobo de Belesar.
Reservas e billetes
RUTA DO ROMÁNICO
Hai moitos mosteiros ou igrexas que se poden visitar seguindo a ruta do románico, incluíndo os seguintes: Igrexa de San Vitorio de Ribas de Miño, Mosteiro de Santo Estevo De Ribas De Miño, Igrexa de San Paio de Diomondi, Igrexa de Santa María de Seteventos , Igrexa de San Martiño da Cova, Igrexa de San Lorenzo de Fión e Igrexa de Santa María de Marrube.

DOLMEN DE ABUIME
Dolmen cunha cámara descuberta que conserva seis ortostatos de granito que definen unha planta de tres metros de diámetro. Está considerado un dos maiores monumentos megalíticos de Galicia.

Casas rurais
Hai varias casas rurais no Saviñao, todas elas cun encanto especial que farán sen dúbida a súa estancia nas nosas terras inesquecible.
Casa Benaxo VISITAR A SUA WEB
Duerming Casa Vilamor VISITAR A SUA WEB
Torre Vilariño VISITAR A SUA WEB
Casa Dario VISITAR A SUA WEB
Se es o dono/a dunha casa rural e queres aparecer aquí, so tes que mandarnos os datos a traves do contacto do concello.

PRAIA DA COVA
A praia da Cova é a zona de baño máis coñecida da rexión, o que a converte nun lugar moi animado cando o tempo é propicio para gozar dela. A zona areosa aproveita unha curva do río Miño para crear un lugar tranquilo e ideal para nadar, rodeado dunha espectacular paisaxe natural e viñedos.

RUTAS DE SENDEIRISMO
Recorre os sendeiros, disfruta das paisaxes… Descobre recunchos máxicos no Saviñao.
Abre ben os ollos e deixate levar con rueiros milenarios, disfrutando do románico, das ladeiras cheas de vides, e dunha natureza que de seguro te deixarán abraiado.
PR-G 162 RUTA DA RIBEIRA SACRA DO MIÑO

GASTRONOMÍA
O Saviñao e un lugar onde se ven a comer ben, para gozar das súas paisaxes, das súas xentes e dos seus pobos … Pero ¿e de comer que temos? ¿Queres saber cales son os pratos típicos do Saviñao?
Polvo a feira
Lacón con grelos
Caldo galego
Empanada
Churrasco