O MAIS DESTACADO

Restricións por concellos COVID

Situación coronavirus Galicia

Etapa Camiño de Inverno polo Saviñao

Ruta de sendeirismo

A Cova, San Martiño de
A Cova, San Martiño de

Membro do arciprestazgo Saviñao, que en 1991 tiña 115 habitantes agrupados nas entidades de Arxuá, Bosque, Casa do Monte, Cuñas, Felós, Ferreiros, Logar, A Lama, A Miuteira, A Pena, O Priorato, Raíñas, Seoane e Soutomango, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 46 hab./Km2. O templo parroquial procede dun antigo mosteiro dos cóengos regulares de San Agustín, descoñecéndose a data exacta da súa fundación. O documento máis antigo data do ano 1260 e refírese á doazón de bens feita polo bispo de Lugo -Rodrigo- en Santa María de Piñeira, asinada polo prior da Cova, mestre Fernando. A igrexa parroquial, de estilo románico de finais do século XII ou principios do XIII, supera nas súas dimensións ás igrexas do románico rural galego.

Skip to content