O MAIS DESTACADO

Restricións por concellos COVID

Situación coronavirus Galicia

Etapa Camiño de Inverno polo Saviñao

Ruta de sendeirismo

Diomondi (San Paio)
Diomondi (San Paio)

Fregresía do arciprestazgo do Saviñao que, segundo o censo de 1991, tiña 243 habitantes agrupados nas entidades de Belesar, Bexán, Costa, Diomondi, Gallegos, Millarada, Montecelo, Outeiro, Piñeiro, Portela e Ver, sendo a densidade / entidade media , para o mesmo ano de 35’2 hab./Km2. Por un documento do ano 954 sábese que Diomondi foi un dos primeiros lugares tomados pola forza polo bispo lucense Odoario. O mencionado documento engade que, despois de colonizar a igrexa, dedicouna a San Estevo e doouna ao mosteiro de San Adrián. Nese momento ordenouse o establecemento dunha comunidade relixiosa en Diomondi, presidida polo abade Hermenegildo. Anos despois, o mosteiro converteuse nun dominio real, como demostra unha doazón que, en 1164, o rei Fernando II fixo a Fernando Odoáriz e á súa muller. Neste escrito o mosteiro aparece por primeira vez baixo a advocación de San Paio. O patrimonio histórico-artístico desta parroquia está integrado polo templo parroquial, o románico compostelán; a capela de Bexán (século XVII); a capela de Casanova (século XVI); o Santuario de Montecelo e a Casa das Cortes, da época barroca.

Skip to content