O MAIS DESTACADO

Festa da vendima

Aula de Verán 2023

Etapa Camiño de Inverno polo Saviñao

Ruta de sendeirismo

Fión (San Lorenzo)
Fión (San Lorenzo)

Parroquia adscrita á parroquia da Cova e pertencente ao arciprestazgo do Saviñao. Os seus 207 habitantes, segundo o censo de 1991, agrúpanse nas entidades de Abuime dos Currás, Aira da Vila, Arxeriz, A Barxa, O Camiño Grande, O Castro, Fión, Fontela, Lamalonga, Mazarelos, O Pousadoiro, Rendal, San Mamede e Vilariño, sendo a súa densidade media, para o mesmo ano, de 48’1 hab./Km2. Os restos máis antigos que se conservan, dentro do termo, remítennos á época castrista. A arquitectura civil presenta tres casas ancestrais: Arxeriz, Lamaquebrada e a Casa do Nemesio, en Fión. O templo parroquial conserva unha parte románica do século XIII e a nave do XVII. No seu interior hai pinturas murais do último terzo do século XVI.

Skip to content