O MAIS DESTACADO

Festa da vendima

Aula de Verán 2023

Etapa Camiño de Inverno polo Saviñao

Ruta de sendeirismo

Ousende, Santa María de
Ousende, Santa María de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Saviñao, cuxa poboación en 1991 estimábase en 258 habitantes agrupados nas entidades de Albín, Vos Amieiros, A Az, A Cal, As Campazas, O Carballiño, A Casanova, As Casanovas, Lamas, Navallos, Ousende, Outeiriños, Outeiro, Pacios, A Piteira, A Retorta, A Toxeira e Vilameá, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 15’9 hab./Km2. Xunto con outras freguesías limítrofes pertenceu ao territorio xurisdicional de @A Pobra de Brollón, unha das poucas terras de reguengo que existían na demarcación provincial lucense. Nun documento da catedral de Lugo, datado o 18 de maio de 1222, lese “Santa María de Ousindi“. O templo parroquial foi reconstruído a mediados do século XVII e, no seu interior hai un retablo barroco. Dentro do termo parroquial atopámonos con restos das culturas megalíticas e castrexas. Ademais, dentro do apartado de arquitectura civil temos varias casas blasonadas: Casa de Vilameá, Casa de Quiroga e Casa de Toxeiras.

Skip to content