O MAIS DESTACADO

Festa da vendima

Aula de Verán 2023

Etapa Camiño de Inverno polo Saviñao

Ruta de sendeirismo

Rosende, Santa María de
Rosende, Santa María de

Freguesía aneja de Santa Cecilia de Freán e pertencente ao arciprestado de Saviñao. No ano 1991 contaba con 99 habitantes agrupados nas entidades de Bustelo, Corveixe, Madredauga, Pumar, Sabariz, Santa María, Sobrado, A Veitureira, Vilatiñosa e Vilaravides, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 17’6 hab./Km2. Nun documento da igrexa de Lugo do ano 916 lese ” ecclesia de Sancto Petro in vila Corveise“, aínda que non é segura a súa identificación co lugar de Corveixe pertencente a esta freguesía. Outros documentos falan de ” Corvasia” e ” Corveiga“, como lugar incluído en terras de Lemos e en territorio do antigo mosteiro de Atán alá polos séculos VIII e IX. É de supoñer que nos seus principios fose unha comunidade familiar, agregada máis tarde a Santo Estevo de Atán e logo a San Vicente de Pombeiro. A arquitectura civil ten varias casas blasonadas dentro da parroquia: Casa de Ribas (século XVIII) e Casa Señorial de Rosende. No lugar de Corveixe atópase un bo xacemento da cultura castrexa.

Skip to content