O MAIS DESTACADO

Festa da vendima

Aula de Verán 2023

Etapa Camiño de Inverno polo Saviñao

Ruta de sendeirismo

Seteventos, Santa María de
Seteventos, Santa María de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Saviñao, cuxa poboación era segundo o censo de 1991 de 130 habitantes agrupados nas entidades de Malveiros, Morgade, Mosiños, Pedras Brancas e Seteventos ou Eirexe, sendo a densidade media/entidade, para o mesmo ano, de 30’2 hab./Km2. A primeira noticia documental sobre esta freguesía é unha doazón do ano 1014, subscrita a favor do mosteiro de Diomondi por Dona Senior, onde aparece a igrexa de Seteventos. O templo parroquial é unha construción románica do século XIII. A arquitectura civil ten na Casa Grande de Mosiños, o mellor exemplar.

Skip to content