O concello do Saviñao, atendendo á boa situación epidemiolóxica no municipio, retoma as actividades culturais e deportivas de inverno para adultos e maiores. Os veciños e veciñas poderán inscribirse a partir de hoxe e ata o 15 de outubro no concello ou chamando ó 982452061. (As actividades que se realizan ó longo de todo o ano, manterán a inscrición aberta todo o curso).
As actividades cun mínimo de inscritos, realizaranse seguindo tódolos protocolos de seguridade para reducir o risco de contaxio pola Covid-19.


