A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago (Lugo) organiza, coa colaboración do Concello O Saviñao, unha ruta de sendeirismo, poñendo en valor o mellor enclave do noso concello. .
Informámosvos que o domingo 13 de novembro faremos a ruta “MIRADORES”. Ruta circular de 15 km, con saída desde Escairon ás 10:30 horas e chegada a Escairon ás 13:45 aproximadamente, pasando polo Camiño de Inverno, disfrutando da natureza e dos nosos miradoiros.
Pecharemos esta xornada cunha pulpada na Praza de España de Escairon.
Os que queiran inscribirse teñen dúas opcións.
Só ruta da opción 1 (gratis)
Opción 2 Ruta máis pulpada (30€ ou 35€)*
*O prezo é de 30€ para socios e 35€ para non socios.
Inscricións nos teléfonos 638295225 ou 982452061.
Os que opten pola opción 2, o pago de 35€ realizarase mediante ingreso ou transferencia antes do xoves 10 de novembro ao número de conta:
Banco ES70 2080 0163 8930 4006 5919
Concepto: nome e apelidos e num. Dni.