Estas son as actividades que realizaremos na biblioteca para celebrar o Día das Bibliotecas 2021:
8 de outubro
Sesión cos autores Dani Viéitez e Iria Iglesias
-Álex quere ser coma papá: contacontos contra os estereotipos e a desigualdade. Ás veces a Álex dinlle que non son axeitadas as cousas que fai. A través de Alex debatemos c@s cativ@s, exemplificando distintas situacións que loitan contra os estereotipos.
15 de outubro
Obradoiro con Hermanager Procucións
–Deixa o móbil e debuxa: obradoiro de iniciación sobre ilustración e banda deseñada. Faremos debuxos, algunhas viñetas e/ou tiras cómicas en común e para remataremos facendo cadaquén a súa.
22 de outubro
Obradoiro coa escritora Andrea Barreira
–Terroríficas, historias de terror: obradoiro de achega á literatura de terror a diversos públicos a través da lectura e da escritura. O obradoiro consta de dúas partes que combinan teoría e práctica: un repaso de distintas escritoras, do pasado ao presente, que traballaron o xénero do terror e a escritura dun relato de terror poñendo en práctica o visto no punto anterior.
Todas estas actividades enmárcanse no programa de animación Ler conta moito.