O MAIS DESTACADO

Festa da vendima

Aula de Verán 2025

Etapa Camiño de Inverno polo Saviñao

Ruta de sendeirismo

Probas de Traballo e Morfoloxía do Setter Club de España

21 de Agosto de 2023

O Concello do Saviñao acolleu a pasada fin de semana as Probas de Traballo e Morfoloxía do Setter Club de España. Ditas Competicións teñen o obxectivo de seleccionar os mellores representantes da raza, funcional e morfoloxicamente.

Máis de trinta cans procedentes de España, Francia e Italia, déronse cita na Ribeira Sacra para ser examinados por varios Xuíces da Real Sociedad Canina Española. A implicación dos presentadores e a organización foron garantía de éxito nun encontro que comezou a mañá do sábado 19 de agosto cun Concurso de Caza Práctica, xulgado por Esteban Cambón y Antonio Rodríguez Somoza, e continuou pola tarde no centro da localidade de Escairón co Concurso Morfolóxico, xulgado por Sandra Turrado. As Probas de Traballo proseguiron o Domingo.

O Setter Club de España quere agradecer a todos aqueles que fixeron posible a celebración destas probas, en especial ao Concello do Saviñao por poñer á súa disposición espazos públicos para que os amantes dos cans gozasen con eles desta fin de semana.

Tal vez lle interese ler…

Recital de Tiorba

Recital de Tiorba

Mañá ás 18:30 h no Mosteiro de Santa Cristina, a xoia do románico rural galego en Parada de Sil (Ourense), no corazón da Ribeira Sacra. Aforo...

Campeonato Galego de bailes Caribeños

Campeonato Galego de bailes Caribeños

Domingo 12 de outubro en Escairón. Pabellón municipal, dende as 9.00h da mañá ata última hora da tarde. Teremos o placer de ver o espectáculo de...

Ir o contido