O MAIS DESTACADO

Festa da vendima

Aula de Verán 2023

Etapa Camiño de Inverno polo Saviñao

Ruta de sendeirismo

Probas de Traballo e Morfoloxía do Setter Club de España

21 de Agosto de 2023

O Concello do Saviñao acolleu a pasada fin de semana as Probas de Traballo e Morfoloxía do Setter Club de España. Ditas Competicións teñen o obxectivo de seleccionar os mellores representantes da raza, funcional e morfoloxicamente.

Máis de trinta cans procedentes de España, Francia e Italia, déronse cita na Ribeira Sacra para ser examinados por varios Xuíces da Real Sociedad Canina Española. A implicación dos presentadores e a organización foron garantía de éxito nun encontro que comezou a mañá do sábado 19 de agosto cun Concurso de Caza Práctica, xulgado por Esteban Cambón y Antonio Rodríguez Somoza, e continuou pola tarde no centro da localidade de Escairón co Concurso Morfolóxico, xulgado por Sandra Turrado. As Probas de Traballo proseguiron o Domingo.

O Setter Club de España quere agradecer a todos aqueles que fixeron posible a celebración destas probas, en especial ao Concello do Saviñao por poñer á súa disposición espazos públicos para que os amantes dos cans gozasen con eles desta fin de semana.

Tal vez lle interese ler…

Campaña Cerca de ti

Campaña Cerca de ti

O 31 de xaneiro ás 10:15 h. na biblioteca municipal, asesórante cos teus trámites e xestións habituais. Podes obter o teu certificado dixital de...

Skip to content